Este ano non subiremos a 1.200 metros de altitude, quedarémonos nos 1.100. Como contrapartida haberá outras cousas, que agardamos sexan do voso gusto. Os que teñades pensado inscribirvos, non vos durmades (da rota longa quedan pouco máis de cen prazas). Vémonos 0 17 na Fonsagrada. Trad.: Muchas novedades este año para intentar hacer una ruta inolvidable. Ojo a los que se quieran anotar que ya van quedando menos plazas.
Chégalle ben para subir, iso si o avituallamento a altura coma sempre que a esa altitude ábrese o apetito pola falta de oxíxeno.
Mañá é o día. Para os que vaiades, desfrutade moito dos montes, dos avituallamentos, da cea e da xente da Fonsagrada (e da bolsa do corredor ). Os que non, podesdes ir noutra data que seguro non vos hai deixar indiferentes. Vémonos mañá.
Boa ruta na montaña oriental de Lugo limitando xa con Asturias, e que Fonsagrada nunca defrauda si levas unha boa preparación porque aló os chaos non os coñecen. Organización de 10 coma tódolos anos e o percorrido, co terreno perfecto para rodar, cambiose nun 50% respecto as últimas edicións subindo, este ano, dende a baixada o río tras Airixín, por Rozabragada a Fonsagrada para enlazar logo na ruta larga un novo bucle que nos levou a Pobra de Burón e tras subir o Muradal ata alcanzar o pico de Laguaseca e baixar ao Antigo Hospital Real de peregrinos de Montouto. Dende aló e por medio de un paso aberto a base de sacho en territorio totalmente virxe enlazar con Lladairo e subida, como non, a Fonsagrada. Cea expléndida e moito reparto de agasallos deron por finalizada a ruta con presencia de moita xente coñecida e asidua a esta rúta. https://photos.app.goo.gl/cc2p1eFe9DbDzJ3W6